21 feb 2013

UNHA CHEA DE TEXTOS EN GALEGO PARA A MÁQUINA

ESTES DÍAS AS CLASES DO CENTRO ANDAN MOI ATAREFADAS CONSTRUÍNDO TEXTOS DIVERSOS PARA A NOVA MÁQUINA:
  • Temos textos contínuos e discontínuos:
    •  textos enumerativos 
    • descritivos
    • biográficos
    • narrativos
    • informativos
    • instrutivos
    • ...
  • Elaboramos: catálogos, libros de instrucións, biografías, carteis, noticias, anuncios, itinerarios, listaxe de palabras, contos, reportaxes,...
NUNS DÍAS TEREMOS FOTOS DE TODOS...PERO MENTRES...
A nosa máquina ten nome... unha chea de nomes, en realidade!

O catálogo das máquinas, todas as fabricadas pola mesma empresa

Instrucións para facer funcionar a máquina

Unha maleta de ferramentas e o manual das partes da máquina

Os anuncios para a máquina

A máquina fantástica e a súa viaxe

A reportaxe fotográfica sobre a máquina

13 feb 2013

UNHA MÁQUINA NOVA!

CANDO XA PENSABAMOS QUE ISO DAS MÁQUINAS REMATARA... APARECE UNHA NO CORREDOR DO COLEXIO!
É UNHA MÁQUINA CURIOSA... MOI , MOI CURIOSA.
SEGURO QUE VAI SERVIR PARA QUE ESCRIBAMOS MOITO SOBRE ELA: REPORTAXES, ISTRUCIÓNS DE USO, NOTICIAS, CATÁLOGOS, BIOGRAFÍAS DE INVENTORAS, ANUNCIOS, ITINERARIOS, NOMES,...
NA BIBLIOTECA, LAMPI, XA COLOCOU UNHA EXPOSICIÓN DE LIBROS SOBRE AS MÁQUINAS.

8 feb 2013

GRAN FESTEXO NO PATIO: ENTROIDO

Saímos ao patio

 Baixan a Vilaverdiño e 6º acompáñao ata o seu lugar.
É o protagonista da festa e ten un sitio preferente no acto: 
As presentadoras do evento aclaran a voz:

 Desfilamos cunha música relacionada co noso disfrace de máquina. Aí van máquinas variadas:
- As teles acompañadas dos seus mandos a distancia (educación infantil de tres anos)
- As cámaras de fotos, con e sen baterías cargadas (educación infantil de catro anos)
 - Os ordenadores con teclado e rato (educación infantil de cinco anos)
- As rodas engrenadas que fan funcionar máquinas diversas (1º)
- As máquinas de multiplicar (2º)
 - As máquinas perfectas (ou case): o corpo humano. (3º)
 - Unhas máquinas simples, as tesoiras e os recortes (4º)
 - As máquinas existiron dende que o ser humano decidiu que precisaba algo que lle axudase, aí están as primeiras ferramentas, útiles, máquinas simples,... (5º)
- Ningunha máquina que se prece pode funcionar se non hai quen a amañe, quen a invente, quen a deseñe, quen a imaxine,... (6º)

 Con todo o malo que sucedeu este ano, Vilaverdiño non vai librarse de que o culpen de todo. Fanlle o xuízo do galo, dítase sentenza e lese o testamento

 Tanto movemento, abre o apetito: Degustamos filloas, orellas e demais lambetadas

Cantamos as ladaíñas e queimamos ao galo, queda quentiño, quentiño...

Non vos preocupedes PARA O ANO HABERÁ MÁIS!

3 feb 2013

ENTROIDO!!!

MENTRES IMOS ELABORANDO AS COPLAS DO XUÍZO, TESTAMENTO E SENTENZA DO VILAVERDIÑO,
MENTRES PREPARAMOS AS LADAÍÑAS E SE FAI O GALO...
MENTRES ELABORAMOS OS DISFRACES E APRENDEMOS SOBRE O ENTROIDO EN GALICIA...

PODEDES ENTRETERVOS E REPASAR MIRANDO OS ENLACES SOBRE O ENTROIDO QUE VOS PROPOMOS.
AÍ VAN AS COPLAS DO ENTROIDO PARA QUE VAIADES ENSAIANDO: