19 sept 2013

UNHA NOVA ACTIVIDADE PARA ESTE TRIMESTRE

Este curso desde o EDLG, sabendo da importancia do xogo popular na nosa cultura e co afán de transmitilo ás nosas nenas e aos nosos nenos, programamos  a actividade 
"ENSÍNANOS UN XOGO" 
Unha actividade na que pedimos a colaboración das familias para que nos ensinen algún dos seus xogos, xogos de cando eran pequenas e pequenos ou tamén, se o desexan,  a elaborar algún xoguete. 
Vai ser moi interesante!!!! 
Ánimádevos a participar!

5 sept 2013

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

PARA COMEZAR IMOS AGASALLARVOS CON DÚAS EFEMÉRIDES RELACIONADAS CON ESTE MES DE SETEMBRO:

 1. CÚMPRENSE NOVE ANOS DO PASAMENTO DE MANUEL MARÍA, UN POETA EXTRAORDINARIO, MIRADE UN DOS SEUS POEMAS
O meu burriño
¡Arre, corre,
 meu burro trotón,
meu burriño manso,
meu burriño bo!

 -¡Corre meu burriño;
 non galopes, voa! ¡
A ver se lle gañas
ó vento que zoa!

 -¡Arre, meu burriño,
 que es un preguiceiro
 ¡A ver se lle gañas
 ó vento lixeiro…!

 -¡Corre, meu burriño,
 nos cascos pon ás!
 ¡Se queres, o vento
 deixarás atrás…!

 -¡Arre, meu burriño!
¡Corre máis deprisa!
¡Que se perde o vento
xa verás que risa…!

 Poema do libro Os soños na gaiola, de Manuel María.

2. CÚMPRENSE 60 ANOS DUNHA INAUGURACIÓN:  1873, inaugúrase o primeiro ferrocarril de Galicia entre Carril e Cornes (Santiago).