9 feb. 2018

POR FIN... FESTA DO ENTROIDO!

VELAQUÍ UN RESUMO DA FESTA QUE PODEREDES VER MÁIS AMPLIADA NO BLOG DE MASCOTILANDIA:

O ALUMNADO DISFRÁZASE.




BÁIXASE O GALO VILAVERDIÑO PARA QUE PRESIDA A FESTA
.

LESE O XUIZO E O TESTAMENTO DO GALO.


DESFILE DE DISFRACES


DEGUSTACIÓN DE PRODUTOS DO ENTROIDO


SORTEO DE CESTA DE PRODUTOS DO ENTROIDO

QUEIMA DO GALO


DEICA O VINDEIRO ENTROIDO!!!


8 feb. 2018

MAÑÁ... ENTROIDO!!

XA VILAVERDIÑO AGARDA O GRAN FESTEXO.
ESTE ANO LEVA UN DISFRACE MOI SINGULAR E RELACIONADO CON ACONTECEMENTOS DO COLEXIO.
O ALUMNADO FOI VISITALO E COMPROBAR QUE ESTABA PREPARADO PARA TODOS OS EVENTOS: DESFILE, XUÍZO, TESTAMENTO, CANTO DE LADAÍÑAS E QUEIMA.



31 ene. 2018

AÍ VÉN O ENTROIDO

ESTE ANO CHEGA PRONTIÑO O ENTROIDO.
NO CENTRO XA ESTAMOS A PREPARAR O EVENTO: DISFRACES, TEXTOS, COMPARSAS,...
TRABALLAMOS A FESTA TRADICIONAL CON AXUDA DE PRESENTACIÓNS E BUSCAS NA REDE.


16 ene. 2018

EN GALEGO POLA PAZ

CO GALLO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ, NO COLEXIO  TRABALLAREMOS TERMOS E EXPRESIÓNS ASOCIADAS A ELA.
TODAS ESTAS VERBAS RECOLLERANSE.
HABERÁ UNHA VOTACIÓN POLA PAZ, NA QUE O ALUMNADO, ELIXIRÁ AQUELAS EXPRESIÓNS QUE OPINAN QUE SE ACHEGAN MÁIS Á SÚA IDEA DO QUE DEBE SER A PAZ NO CENTRO.
AS EXPRESIÓNS SELECCIONADAS FORMARÁN PARTE DA DECORACIÓN DO CENTRO... ;

30 nov. 2017

TARXETAS

DURANTE ESTE MES TRABALLAREMOS SOBRE AS TRADICIONAIS TARXETAS PARA FELICITAR.
TODAS ELAS LEVAN TEXTOS DIVERSOS E TRABALLAREMOS SOBRE O SEU CONTIDO:



QUEREDES PARTICIPAR CONNOSCO BUSCANDO TEXTOS BONITOS?

14 nov. 2017

LAMPI PÍDENOS PALABRAS PARA A BIBLIOTECA

COINCIDINDO CO DÍA DA PALABRA, LAMPI REMITIU ÁS CLASES UNHA CARTA CUN SOMBREIRO DE BRUXA.
SOLICITA QUE SE RECOLLAN PALABRAS RELACIONADAS CO SAMAÍN E QUE LLAS DEAN PARA A BIBLIOTECA.