18 oct 2024

XABARÍN TV

Boas amigos, hoxe traemos unha noticia moi triste. Resulta que recentemente os resultados dun estudo levado a cabo en Galicia, revelaron que cada vez hai menos galegofalantes e que este idioma é descoñecido ata por un terzo da poboación menor de 15 anos. Parar esta situación está na nosa man. Así que, para que nos poidades axudar a darlle ao noso idioma o lugar que se merece e escoitar o galego a diario dunha forma divertida, deixámosvos o seguinte canal de TV con milleiros de debuxos.
Agardamos que vos guste!






30 sept 2024

COMEZAMOS O CURSO 2024/2025

XA FAI CASE UN MES QUE COMEZAMOS A CAMIÑAR NESTE NOVO ANO ACADÉMICO, O CAL TRAERÁ CONSIGO MULTITUDE DE APRENDIZAXES, AVENTURAS E MOMENTOS INESQUECIBLES. 

CONVIDÁMOSVOS A INICIAR O CURSO FACENDO UN ESFORZO POR EMPREGAR A NOSA LINGUA GALEGA A DIARIO, CONTRIBUÍNDO A QUE NON SE ESQUEZA E SOBRE TODO A QUE NON QUEDE RELEGADA A UN SEGUNDO PLANO.

ÁNIMO NESTE NOVO CAMIÑO, SEN DÚBIDA SERÁ MÁXICO.

IMOS ALÓ!!



14 mar 2024

BOSQUE POÉTICO POR ROSALÍA DE CASTRO

POLO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, ESTE CURSO DECIDIMOS FACER ENTRE TODO O COLE UN XARDÍN POÉTICO COS VERSOS DO POEMA "DIN QUE NON FALAN AS PLANTAS" DE ROSALÍA.

QUEDOU UNHA ENREDADEIRA PRECIOSA!❀❁✿









5 mar 2024

SALÓN DO LIBRO 2024

ESTE CURSO FIXEMOS PARA O SALÓN DO LIBRO UN TRABALLO XENIAL ENTRE TODO O COLE. ELABORAMOS UN TRASNO Ó CAL LLE CHAMAMOS "VILATRASNO" E UN CONTO COA SÚA HISTORIA.
XA ESTÁ TODO PREPARADO NO SALÓN DO LIBRO PARA QUE O POIDAMOS IR VER COAS NOSAS FAMILIAS.







5 feb 2024

ENTROIDO NO RECUNCHO "DALLE Ó GALEGO"

  COMO SABEDES, NO COLE TEMOS UN RECUNCHO DESTINADO Ó GALEGO NO QUE VAN APARECENDO XOGOS E ACTIVIDADES DIFERENTES.

NESTA OCASIÓN A ACTIVIDADE ESTÁ RELACIONADA CO ENTROIDO E COAS TRAXES TÍPICAS DE GALICIA: PELIQUEIROS, CIGARRÓNS, FOLIÓNS, ETC.

HAI QUE COLOCAR CADA TRAXE COA SÚA FOTO! MIRADE!!





28 dic 2023

CHEGA O NADAL Ó VILAVERDE!

NO VILAVERDE ENCÁNTANOS O NADAL E É POR ISO QUE AS NOSAS TRADICIÓNS NAVIDEÑAS NON AS PERDEMOS. CANTAMOS PANXOLIÑAS, ELABORAMOS A NOSA POSTAL DE NADAL E COMEMOS ROSCA CON CHOCOLATE QUE NOS TRAE O APALPADOR:


DEIXAMOS AQUÍ DEBAIXO A NOSA FELICITACIÓN DE NADAL COAS IMAXES DAS POSTAIS DE TODOS OS CURSOS.
BICOS E FELIZ ANO NOVO!!!

PINCHA NA IMAXE PARA VER O VIDEO:







23 nov 2023

CONCURSO "TÍRALLE DA LINGUA"

 VARIOS CURSOS DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARTICIPARON NO CONCURSO "TÍRALLE DA LINGUA" CREANDO HISTORIAS FANTÁSTICAS EN GALEGO E NARRÁNDOAS DE MANEIRA ORAL. CINCO DESES GRUPOS CHEGARON Á FINAL DO CONCURSO, ESTAMOS DESEXANDO SABER SE GAÑAMOS!!