22 jun 2013

DESPEDIMOS ESTE CURSO CO SAN XOÁN E AS CACHARELAS

ESTA FESTIVIDADE TEN ORIXE ANTIGA.
CELEBRÁBASE O PODER DO SOL E O INICIO DO VERÁN.
A NOITE DE SAN XOÁN TEN UN RITUAL RELACIONADO COA FOGUEIRA, MAIS NELA TAMÉN ESTÁN PRESENTES A AUGA E AS PLANTAS.
EN DIVERSAS BISBARRAS HAI RITUAIS VARIADOS:
  • CHOUTAR POR RIBA DAS FOGUEIRAS
  • RECOLLER AUGA DAS FONTES (SETE, DIN) E BAÑARSE NELA. MELLOR SE NESA AUGA SE BOTAN PLANTAS COMO FIÚNCHO, ROMEU, ROSEIRA, HERBA DE SAN XOÁN, MALVAS, .... E  SE DEIXAN AO RELENTE DA NOITIÑA
  • ...


DEICA SETEMBRO!


DEICA SETEMBRO!
NO CURSO SEGUINTE AGÁRDANOS O CENTENARIO DO NACEMENTO DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO(1914-1989), AUTOR QUE SERÁ HOMENAXEADO NAS LETRAS GALEGAS 2014.

14 jun 2013

PRACTICA ESTE XOGO AGORA QUE HAI MELLOR TEMPO

TRES EN RAIA (TAMÉN CHAMADO: PAI, FILLO, NAI)
DESCRICIÓN: Debúxase no chan un cadro. Dúas persoas compiten para poñer tres dos seus obxectos (lentellas, pedriñas, fabas,...) en liña.
DESENVOLVEMENTO DO XOGO: Comeza unha xogadora ou un xogador poñendo o seu obxecto nun dos puntos do cadro.A continuación pon a outra persoa. Gañará a que consigue poñer tres fichas aliñadas.


No patio podedes ensinarlle ás pequenas e aos pequenos a xogar. Ánimo!