PARA COMEZAR IMOS AGASALLARVOS CON DÚAS EFEMÉRIDES RELACIONADAS CON ESTE MES DE SETEMBRO:
1. CÚMPRENSE NOVE ANOS DO PASAMENTO DE MANUEL MARÍA, UN POETA EXTRAORDINARIO, MIRADE UN DOS SEUS POEMAS
O meu burriño
¡Arre, corre,
meu burro trotón,
meu burriño manso,
meu burriño bo!
-¡Corre meu burriño;
non galopes, voa!
¡
A ver se lle gañas
ó vento que zoa!
-¡Arre, meu burriño,
que es un preguiceiro
¡A ver se lle gañas
ó vento lixeiro…!
-¡Corre, meu burriño,
nos cascos pon ás!
¡Se queres, o vento
deixarás atrás…!
-¡Arre, meu burriño!
¡Corre máis deprisa!
¡Que se perde o vento
xa verás que risa…!
Poema do libro Os soños na gaiola, de Manuel María.
2. CÚMPRENSE 60 ANOS DUNHA INAUGURACIÓN: 1873, inaugúrase o primeiro ferrocarril de Galicia entre Carril e Cornes (Santiago).
No hay comentarios:
Publicar un comentario