8 nov 2013

UN ANO MÁIS CELEBRAMOS O MAGOSTO

HOXE TIVO LUGAR O MAGOSTO NO COLEXIO.
SUPÓN O PUNTO CUMIO DUN TRABALLO LONGO SOBRE O OUTONO, A ARTE NO OUTONO (LITERATURA, MÚSICA, PLÁSTICA,...),  AS CELEBRACIÓNS ESTACIONAIS, OS XOGOS PROPIOS...
UN TRABALLO QUE REMATARÁ COA RECOLLEITA DO SUCEDIDO EN NOVAS, FOTONOVELAS, HISTORIAS,...
OS XOGOS POPULARES E OS TRADICIONAIS TIVERON, COMO VOS ANTICIPABAMOS ONTE, MOITO PROTAGONISMO. PROTAGONISMO QUE XA ESTIVERON TENDO DURANTE TODO O TRIMESTRE E QUE INDA CONTINUARÁN TENDO, GRAZAS Á COLABORACIÓN DAS FAMILIAS NA CAMPAÑA "ENSÍNANOS A XOGAR", DA QUE VOS VIMOS INFORMANDO DENDE HAI DÍAS.
VELAQUÍ UN RESUMO DA FESTA:
AS NENAS E OS NENOS DE 6º AXUDARON COA ORGANIZACIÓN, AS PROFES E OS PROFES NON PARARON DE TRABALLAR NIN UN INTRE, PACO ACHEGOU TAMÉN O TRABALLO XUNTO COA SÚA INESTIMABLE EXPERIENCIA E BO SABER NO TEMA DO ASADO:

ENTRE OS PREPARATIVOS ESTIVO O DA ELABORACIÓN DE CUCURUCHOS, INFANTIL XA OS ELABORARA DÍAS ANTES E EN TRES ANOS CON AXUD A DO ALUMNADO MAIOR. NALGUNHAS CLASES ELABORARON CESTIÑAS

O PROGRAMA DA CELEBRACIÓN TIÑA DE TODO:

ASÁRONSE AS CASTAÑAS.

OS XOGOS APARECERON EN CADA ESPAZO DO CENTRO E ALGÚNS CELEBRÁRONSE AO AIRE LIBRE


COMÉRONSE AS CASTAÑAS.

ADEMAIS A ARTE (LITERARIA E PLÁSTICA) TAMÉN ESTIVERON PRESENTES, VEREDES DIVERSIDADE NELAS E CLARO... O CONTO OU CONTOS PARA ANTÍO... UN CONTO QUE VAI CHEGANDO AO SEGUNDO CICLO... COMO REMATARÁ?

No hay comentarios:

Publicar un comentario