2 dic 2013

O SEGUNDO CONTO QUE COCIÑAMOS PARA ANTÍO XA ESTÁ LISTO

NESTE CONTO COLABORARON AS CLASES 3 ANOS A, 4 ANOS A, 5 ANOS A, 1ºA, 2ºA, 2ºC, 3ºA, 4ºA,5ºA E 6ºA
  NUN MONTE LONXANO DE TENERIFE, VIVÍA UN CABALO GRANDÍSIMO DE COR ROSA QUE FACÍA CACA NA HERBA…
ATOPOU UN NIÑO CAÍDO DUNHA ÁRBORE ONDE HABÍA UNHA ANDORIÑA COS SEUS OVOS ROTOS...
 QUE SORPRESA! DENTRO DOS OVOS HABÍA CASTAÑAS! E COMO O CABALO ROSA TIÑA MOITA FAME COMEU TODAS AS CASTAÑAS E NON DEIXOU NINGUNHA.
COA BARRIGA CHEA O CABALO DECIDIU DEITARSE A CARÓN DUNHA ÁRBORE E MERGULLOUSE NUN PROFUNDO SOÑO…
DE SÚPETO ATOPOUSE NUNHA GRAN MANSIÓN ENCANTADA, MOI ESCURA E TENEBROSA, COA ÚNICA LUZ DUNHA CABAZA ACESA. DE DENTRO DA CABAZA SAÍU UNHA PANTASMA.
A LUZ DA CABAZA APAGOUSE E A PANTASMA DESAPARECEU. O CABALO ASUSTOUSE TANTO QUE FUXÍU Á OUTRA PARTE DA MANSIÓN.
DE SÚPETO ATOPOUSE CUN CADRO NO QUE HABÍA PINTADA UNHA ÁRBORE DE OUTONO, DETRÁS DA ÁRBORE AGOCHÁBASE UN ZOMBIE QUE, DANDO UN SALTO, SAÍU DO CADRO E DÍXOLLE:
 - VAITE DE AQUÍ CABALO TOLO OU CAERÁ SOBRE TI UNHA MALDICIÓN. AO CABALO ROSA TREMÉRONLLE OS XEONLLOS, PERO NUN INSTANTE, COMO IMPULSADO POR UNHA FORZA DESCOÑECIDA BOTOUSE AO TROTE. NADA O PARARÍA NIN OS GROSOS MUROS DAQUELA MANSIÓN.
- FUXE, FUXE, CABALO DO DEMO!- BERRABA O ZOMBIE
AQUELES MUROS VOLVÉRONSE COMO DE MANTEIGA E ATRAVESOUNOS SEN ESFORZO.
AO OUTRO LADO UNHA CÁLIDA LUZ OUTOUNAL ENVOLVÍA UNHA SENDA MULTICOLOR FEITA DE FOLLAS CAÍDAS DAS ÁRBORES. NO MEDIO DE TODAS AS FOLLAS O CABALO ATOPOUSE CUNHA CRÍA DE OURIZO. O OURIZO PREGUNTOULLE AO CABALO:
 - ONDE ESTOU? QUE SITIO É ESTE? ESTOU PERDIDO!
- POIS… VAIA! EU TAMÉN ESTOU PERDIDO. IREMOS XUNTOS. EMPEZARON A ANDAR E ANDAR ATA QUE CHEGARON A UN CLARO DO BOSQUE.PARARON DESCANSAR E O CABALO DECATOUSE DE QUE O OURICIÑO ESTABA FERIDO.
O CABALO ESTABA DECIDIDO A AXUDAR AO SEU NOVO AMIGO CANDO SENTIU UNHA FORTE DOR NA SÚA PATA… EL TAMÉN ESTABA FERIDO. EMPEZARON A PEDIR AXUDA…
DE SÚPETO APARECEU UNHA SOMBRA MISTERIOSA …
ERA UN PITUFO QUE TRAÍANA MAN UN COGOMELO MÁXICO. O CABALO PEDIULLE AO PITUFO QUE CURASE A FERIDA DO SEU AMIGO E A SÚA.
O PITUFO SÓ PODÍA CURAR UNHA. ASÍ QUE O CABALO ROSA DECIDÍU QUE FOSE O OURICIÑO QUEN SE CURASE. O PITUFO DÍXOLLE AO OURIZO:
- MORDE UN ANACO DE COGOMELO E TE CURARÁS.
O OURIZO OBEDECEU E A SÚA PATA CUROU AO INSTANTE. O OURIZO COMEZOU A DAR CHIMPOS DE LEDICIA BERRANDO:
 - ESTOU CURADO! ESTOU CURADO!
AO MESMO TEMPO SENTÍA LÁSTIMA POLO CABALO QUE SEGUÍA COA SÚA FERIDA. BOTARON A ANDAR POR UN CAMIÑO ENTRE ÁRBORES ONDE CAÍAN MULTITUDE DE FOLLAS DE DIVERSAS CORES. ERAN TANTAS QUE O P ITUFO QUEDOU CUBERTO POR ELAS E PERDÉRONO.
COMO NON O DERON ATOPADO SEGUIRON SÓS NA PROCURA DE BUSCARLLE CURA AO CABALO.
NO SEU CAMIÑAR ATOPARON A ESTATUA DUN XIGANTE, AO SEU LADO ESTABA UN ESQUÍO QUE TAMÉN ESTABA FERIDO.
O OURIZO SABÍA QUE NO BOSQUE VIVÍA UN CURANDEIRO, QUE A PARTE DE SER CURANDEIRO TAMÉN ERA UN BO MÉDICO, VIVÍA NUNHA CASETA DE MADEIRA E A SÚA SONA ERA GRANDE.
ASÍ QUE OS TRES XUNTOS FORON NA SÚA BUSCA. AO CHEGAR PETARON Á PORTA E ABRIULLES O CURANDEIRO-BRUXO. O OURIZO COMENTOULLE O SUCEDIDO NA PATA DO CABALO ROSA E O CURANDEIRO COLLEU UNHAS FOLLAS MULTICOLORES, MACEROUNAS E CON ELAS FÍXOLLE UNHA VENDA MÁXICA PARA A PATA DO CABALO, QUE FIXO EFECTO CASE AO INSTANTE
. - XA ESTÁS CURADO!- DIXO O OURIZO CHEO DE ALEGRÍA.
- E UE QUE? EU TAMÉN QUERO QUE ME CURES! ESÍXOO!- PROTESTOU O ESQUÍO

ALGO MOSQUEADO, O BRUXO DEULLE UNHAS FOLLAS AO ESQUÍO, ESTE COMEUNAS E QUEDOU MEDIO APAMPADO, TANTO QUE NON SABÍA ONDE IR. DIRIXIUSE CARA A UNHA PLANTA CARNÍVORA QUE HABÍA NO CUARTO E COMEUNO.
EN REALIDADE ERA O PITUFO QUE SE CONVERTERA NUNHA PLANTA CARNÍVORA POLO CABREO QUE PESCARA AO PERDERSE ENTRE AS FOLLAS. AO VER TAL COUSA FUXIRON CORRENDO POLO BOSQUE ATA QUE ATOPARON UN PEQUENO POBOADO HABITADO POR GNOMOS.
O REI GNOMO FOI VER A QUE SE DEBÍA TANTO BAOLBORDO NO POBO E TOPOUSE CO CABALO E O OURIZO. O GNOMO ERA A PRIMEIRA VEZ QUE VÍA UN CABALO ROSA, NON SABÍA QUE FACER, DEU MEDIA VOLTA E DEIXOUNOS TIRADOS, MARCHOU MARMURANDO:
- UN CABALO ROSA! O QUE HAI QUE VER!
O CABALO XA NON PUIDO AGUANTAR MÁIS E DIXO:
- TODO O MUNDO ME MIRA RARO, SON O ÚNICO CABALO DE COR ROSA! SE PUIDESE CAMBIALA…
O OURIZO QUE SABÍA DOS SEGREDOS DO BOSQUE REPONDEULLE:
- SE TE REVOLCAS BEN NAS FOLLAS DE CORES QUE HABÍA NO CAMIÑO, POIDA QUE CAMBIES E TE VOLVAS DA COR DELAS.
O CABALO ASÍ O FIXO, REVOLCOUSE UNHA E OUTRA VEZ ATA QUE AS FOLLAS LLE DEIXARON AS PEGADAS NA SÚA PEL. CONVERTÉRASE NUN FERMOSO CABALO MULTICOLOR. ESTABA CHEO DE LEDICIA.
O MALO FOI QUE NO CHAN TAMÉN HABÍA MOITAS PLUMAS DE GAIVOTA QUE TAMÉN LLE QUEDARON PEGADAS. LEVANTOUSE UN VENTO FORTE E O CABALO CONVERTEUSE EN PEGASO…
DENDE QUE O CABALO SE CONVERTERA EN PEGASO EL E MÁIS O SEU AMIGO NON DEIXABAN DE VIAXAR A LUGARES LONXANOS E ENCANTADORES.  ATA QUE UN DÍA O OURIZO DÍXOLLE AO PEGASO:
-AMIGO, POR QUE NON NOS FOMOS AO LEXENDARIO PAÍS DAS NUBES?
 PEGASO RESPONDEU :
-       NON FOMOS PORQUE NON TIÑA NIN IDEA DE QUE EXISTÍA, PERO PODEMOS IR AGORA SE TI ME GUÍAS.

NESE INTRE DESPREGOU AS SÚAS GRANDES ÁS E BOTOU A VOAR EN DIRECCIÓN ÁS NUBES MENTRES QUE O OURIZO O GUIABA. DESPOIS DE MOITO TEMPO DE VIAXE CHEGARON ATA UN PAÍS DE COR ROSA E BRANCO ONDE O CHAN ERA DE NUBES BLANDAS E SUAVES COMO O ALGODÓN E AS EDIFICACIÓNS DE NUBES ESPUMOSAS PERO RESISTENTES. O PEGASO E OS SEUS AMIGOS ACHEGÁRONSE A UN EDIFICIO ALTO E MAXESTUOSO, ONDE VIVÍA O REI DESTAS MARABILLOSAS TERRAS.
ENTRARON, VIRON UN SALÓN REPLETO DE DALIAS ROSA CLARO, NO FONDO ESTABA UN SEÑOR DE LONGA E BRANCA BARBA CUNHA DALIA DEBUXADA NA SÚA TÚNICA, CHAMÁBASE DALIAMIS ERA O REI  DA CIDADE.
CANDO PEGASO E O SEU AMIGO SE ACHEGARON AO REI ESTE DÍXOLLES:
- - SENTÁDEVOS E COMEDE ESTE MANXAR DE DALIAS.
AO REMATAR PREGUNTÁRONLLE A  DALIAMIS  SE PODÍAN QUEDAR A VIVÍR ALÍ, O REI
ACCEDEU E DEULLES   UNHA CASA PARA QUE SE SENTISEN A GUSTO.
CANSADOS POLA SÚA LONGA VIAXE FORON DEITARSE; A MEDIA NOITE O CABALO
ESPERTOU A CAUSA DUNHA VOZ MISTERIOSA QUE DICÍA :
   -ESPERTA... ESPERTA... ESPERTA...
   CANDO ABRIU OS OLLOS VIU AO SEU CARÓN O NIÑO DE OVOS DA ANDORIÑA E DIXO:
   -FOI TODO UN SOÑO!
 PERO...FOI E VAI SER O MELLOR SOÑO DA MIÑA VIDA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario