O XOVES DÍA 30 CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ, ESTE ANO O TEMA FOI O ACOSO ESCOLAR.
CON ANTERIORIDADE TRABALLÁMOLO NAS AULAS COA AXUDA DUNHA PRESENTACIÓN PROPOSTA POLO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN,DESPOIS DISTO POR NIVEIS OU POR CLASE DESEÑAMOS PANCARTAS E CARTEIS CUNHA MENSAXE DE REXEITAMENTO DO ACOSO E ONDE AS MANS TIÑAN MOITO PROTAGONISMO.
XA ESE DÍA SAÍMOS AO PATIO E PRESENTAMOS ÁS COMPAÑEIRAS E AOS COMPAÑEIROS OS NOSOS CARTEIS, CANTAMOS UNHA CANTIGA E DESPOIS PEGÁMOLOS NAS PAREDES DO CENTRO.O NOSO DESEXO É QUE NINGUNHA NENA E NINGÚN NENO SUFRA DE ACOSO ESCOLAR.
TAMÉN ESE DÍA AS FAMILIAS RECIBIRON DE PARTE DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN UNHAS SUXESTIÓN PARA TRATAR O TEMA.
VELAQUÍ ALGUNHAS FOTOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario