O ALUMNADO ACEPTOU O RETO DE MAFALDA E INVENTOU MOOOOITAS PALABRAS NOVAS PARA CELEBRAR O DÍA DA PALABRA.
NA BIBLIOTECA ESTÁN XA COLOCADAS COS SEUS SIGNIFICADOS EN GALEGO
MIRADE ALGUNHAS DELAS
ESTE É O BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP VILAVERDE. IMOS IR COLOCANDO AQUÍ ALGUNHAS ACTIVIDADES, ANUNCIOS, LECTURAS, NOVAS, SUXESTIÓNS,...
30 nov 2014
24 nov 2014
EN ONDA CERO OUTRA VEZ
ONDA CERO remitíu un programa especial con motivo do Día Universal dos Dereitos da Infancia e utilizaron algúns relatos que deixaron as nenas e os nenos do CEIP Vilaverde.
O enlace é este e comeza mais ou menos no minuto 3.
Ademais podedes escoitar a gravación do "Dálle á lingua" no seguinte enlace.
O enlace é este e comeza mais ou menos no minuto 3.
Ademais podedes escoitar a gravación do "Dálle á lingua" no seguinte enlace.
19 nov 2014
TAMÉN GALEGO NOS XOGOS
Despois do recreo as nenas e os nenos de 2º fixeron xogos baixo a dirección dunhas monitoras da Coruña.
Formaron 3 grupos e foron alternando os xogos.
Pasárono ben e repasaron moito vocabulario en galego.
Por alí andaba un señor da voz de Galicia facendo fotos... igual hai reportaxe no xornal!
O día 20 de novembro, en 3º e 4º celebramos o DÍA DOS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS dunha maneira moi especial:
Unha xincana con probas e xogos populares en versión lingüística cuns obradoiros de Lingua Forza 3 ofertados polo Concello de Pontevedra coa colaboración do EDL.
Tres doutoras do departamento físico e lingüístico da "universidade" Xandobela pasaron polo ximnasio do noso cole para advertir da presenza dun brote de virus moi infeccioso que ataca aos músculos e ao idioma galego, chámase "virus lingüísticus". O alumnado de cuarto de primaria someteuse a una serie de probas de habilidade, de resistencia e de velocidade, tanto físicas como mentais para saber se estaba contaxiado ou non.
Houbo xogos tradicionais, adiviñas, trabalinguas, traballo en equipo...todo o necesario para demostrar a súa fortaleza co uso do idioma como ferramenta necesaria e fundamental.
As imaxes demostran a participación de todo o alumnado que gozou moitísimo desta experiencia:
As
doutoras dixeron que estamos un
chisco afectados e afectadas por ese virus maligno que ameaza á nosa lingua. E a receita para combatelo é sinxela: "falar máis
galego para matar ese virus e salvar a lingua".
7 nov 2014
POR FIN A FESTA DO MAGOSTO
HOXE, DESPOIS DE MOITO TRABALLAR TIVEMOS A FESTA DO MAGOSTO.
DEIXÁMOSVOS FOTOS DO EVENTO:
PRELIMINARES
OS TRABALLOS QUE FIXEMOS AO LONGO DESTAS SEMANAS
OS XOGOS DO MAGOSTO MENTRES SE ASAN AS CASTAÑAS
E COMEMOS CASTAÑAS ATA FARTAR!
DEIXÁMOSVOS FOTOS DO EVENTO:
PRELIMINARES
OS TRABALLOS QUE FIXEMOS AO LONGO DESTAS SEMANAS
OS XOGOS DO MAGOSTO MENTRES SE ASAN AS CASTAÑAS
E COMEMOS CASTAÑAS ATA FARTAR!
5 nov 2014
O ALUMNADO EN ONDA CERO
QUEREMOS LEMBRARVOS QUE DENDE O DÍA 3 DE NOVEMBRO ATA O 14 O ALUMNADO DO NOSO CENTRO APARECERÁ NO PROGRAMA "DÁLLE Á LINGUA"
PODEREDES ESCOITARNOS EN ONDA CERO AO REDOR DAS 11:55h. XA VOS CONTARAMOS O DA GRAVACIÓN NO COLE NUNHA ENTRADA ANTERIOR
PODEREDES ESCOITARNOS EN ONDA CERO AO REDOR DAS 11:55h. XA VOS CONTARAMOS O DA GRAVACIÓN NO COLE NUNHA ENTRADA ANTERIOR
4 nov 2014
CO GALEGO NAS ONDAS
ESTIVO VISITÁNDONOS A RADIO.
GRAVAMOS CANCIÓNS, INFORMACIÓNS SOBRE OS PROXECTOS QUE XA LEVAMOS MOI ADIANTADOS, POEMAS,...
MIRADE AS FOTOS, PARECEMOS PROFESIONAIS
GRAVAMOS CANCIÓNS, INFORMACIÓNS SOBRE OS PROXECTOS QUE XA LEVAMOS MOI ADIANTADOS, POEMAS,...
MIRADE AS FOTOS, PARECEMOS PROFESIONAIS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)