19 nov 2014

TAMÉN GALEGO NOS XOGOS

Despois do recreo as nenas e os nenos de 2º fixeron xogos baixo a dirección dunhas monitoras da Coruña. Formaron 3 grupos e foron alternando os xogos. Pasárono ben e repasaron moito vocabulario en galego. Por alí andaba un señor da voz de Galicia facendo fotos... igual hai reportaxe no xornal!

O día 20 de novembro, en 3º e 4º celebramos o  DÍA DOS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS dunha maneira moi especial:
Unha xincana con probas e xogos populares en versión lingüística cuns obradoiros de Lingua Forza 3 ofertados polo Concello de Pontevedra coa colaboración do EDL.
Tres doutoras do departamento físico e lingüístico da "universidade" Xandobela pasaron polo ximnasio do noso cole para advertir da presenza dun brote de virus moi infeccioso que ataca aos músculos e ao idioma galego, chámase "virus lingüísticus". O alumnado de cuarto de primaria someteuse a una serie de probas de habilidade, de resistencia e de velocidade, tanto físicas como mentais para saber se estaba contaxiado ou non.
Houbo xogos tradicionais, adiviñas, trabalinguas, traballo en equipo...todo o necesario para demostrar a súa fortaleza co uso do idioma como ferramenta necesaria e fundamental.
As imaxes demostran a participación de todo o alumnado que gozou moitísimo desta experiencia:

As doutoras dixeron que estamos un chisco afectados e afectadas por ese virus maligno que ameaza á nosa lingua. E a receita para combatelo é sinxela: "falar máis galego para matar ese virus e salvar a lingua".

No hay comentarios:

Publicar un comentario