HOXE CELEBRAMOS O ENTROIDO NO COLEXIO.
DESPOIS DE TANTO PREPARATIVO: COMPOÑER AS COPLAS DO XUÍZO E TESTAMENTO, ESCRIBIR AS LADAÍÑAS E APRENDER A CANTALAS, FACER OS DISFRACES,PREPARAR AS RIFAS E VENDELAS, DESEÑAR E ELABORAR AO GALO VILAVERDIÑO (QUE ESTE ANO LEVA OVIÑOS DISFRAZADOS DAS DIVERSAS CULTURAS), DISTRIBUÍR OS ROLES,... POR FIN VAI HABER FESTA.
ESTE ANO A FESTA TEN MOITO QUE VER CON TODO O QUE INVESTIGAMOS PARA A PAZ, COA INTERCULTURALIDADE
COMO SABEDES, NO CENTRO TEMOS UN MECO TÍPICO DO ENTROIDO: O GALO VILAVERDIÑO E SEGUINDO OS PASOS DO ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO, FACÉMOSLLE UN XUÍZO (É O CULPABLE DE TODOS OS MALES DESTE ANO), DEIXÁMOSLLE QUE NOS LEA O SEU TESTAMENTO (ONDE DEIXA TODAS AS SÚAS PERTENZAS: PICO, CRISTA, FURGINETA,...) E DESPOIS QUEIMÁMOLO PORQUE O ANO VINDEIRO QUEREMOS TER UN GALIÑO CUN NOVO DISFRACE
POLA MAÑÁ XA O GALO VILAVERDIÑO AGARDA PACIENTEMENTE A QUE CHEGUE O ALUMNADO.
ESTE ANO, COMO XA DIXEMOS, VÉN ACOMPAÑADO DOS OVIÑOS ENGALANADOS PARA A OCASIÓN COS TRAXES DAS DIVERSAS CULTURAS COLOCADOS POLAS NENAS E OS NENOS DAS DIFERENTES CLASES.
O GALO "INTERCULTURAL" COLOCOUSE NUN MEDIO DE UN TRANSPORTE SINGULAR PARA QUE VIAXE POLO MUNDO, COÑEZA TODAS AS CULTURAS E APRENDA A RESPECTALAS .
O ALUMNADO PEQUENO VISITA A VILAVERDIÑO PARA VER COMO SE DISFRAZOU
E NAS CLASES COMEZAN A DISFRAZARSE. OS DISFRACES, ELABORADOS POLO ALUMNADO SON MOI ORIXINAIS...
MAMÁS E PROFES PREPARAN E DISTRIBÚEN AS VIANDAS QUE DESPOIS SERÁN VENDIDAS NO PATIO
E XA TODO LISTO PARA COMEZAR A FESTA!
VELAQUÍ AS CLASES DISFRAZADAS E LISTAS PARA O DESFILE:
BAIXADA AO PATIO E COLOCACIÓN PARA COMEZAR O DESFILE
O GALO PRESIDE O DESFILE DENDE O MEDIO DO PATIO, MOI ORGULLOSO ACOMPAÑADO DOS SEUS FILLIÑOS
DESFILE ACOMPAÑADO DE MELODÍAS RELACIONADAS COS DISFRACES, A PROFE LOLA É A DJ
XUÍZO AO GALO E LECTURA DO SEU TESTAMENTO
REPOÑER FORZAS COAS FILLOAS E ORELLAS. VENDA DE MANXARES...E COMILONA
CELEBROUSE O SORTEO DOS PRODUTOS PARA UNHA LACONADA... ATA TRES VECES! E APARECEU A PERSOA GAÑADORA AO FINAL, UN NÚMERO REDONDO, REDONDO...
QUEIMA DO GALO E CANTO DAS LADAÍÑAS (ESTE ANO INDULTAMOS AOS OVIÑOS, ASÍ TEREMOS... NOVOS GALIÑOS!)
DEICA AO CURSO QUE VÉN!
O GALO VILAVERDIÑO TERÁ NOVO DISFRACE...
POLO DE AGORA PODEREMOS GOZAR DO ENTROIDO NA CIDADE... SE O TEMPO O PERMITE, CLARO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario