14 mar 2018

A PALABRA QUE MÁIS GUSTA Á COMUNIDADE ESCOLAR

NESTES DÍAS A COMUNIDADE ESCOLAR BUSCAMOS A PALABRA QUE MÁIS NOS GUSTA.
FAMILIAS, ALUMNADO E PROFESORADO PENSAN NUNHA PALABRA QUE LLES PARECE FERMOSA POLA SÚA SONORIDADE,POLA SÚA SEMÁNTICA,  PORQUE É O ALCUME FAMILIAR, PORQUE ACABA DE SABER O SEU SIGNIFICADO, PORQUE LLE LEMBRA ALGO GRATO OU TENRO, PORQUE...
UNHA CARTA PUXO EN MARCHA A CAMPAÑA E HOXE XA INUNDAN AS CLASES OS RESULTADOS, VARIADOS, CREATIVOS, INTERESANTES, EMOCIONANTES...

XA VOS CONTAREMOS COMO CONTINÚA A ACTIVIDADE...


A ACTIVIDADE É UNHA DAS DESEÑADAS PARA ENRIQUECER O VOCABULARIO DO ALUMNADO. SUPÓN, ADEMAIS DUNHA COLABORACIÓN FAMILIA-ESCOLA, UNHA PROPOSTA DE BUSCA DE SIGNIFICADOS NA AULA, DE XOGOS DE ORDENACIÓN ALFABÉTICA, DE CATEGORIZACIÓN SEMÁNTICA-FONÉTICA-..., DE BUSCA DE INFORMACIÓN,ETC.

No hay comentarios:

Publicar un comentario