14 may 2019

FACEMOS INVESTIGACIÓN ETNOGRÁFICA E ANTROPOLÓXICA IMITANDO A ANTÓN FRAGUAS

VILAVERDIÑO REMITIU UNHA CARTA ÁS CLASES PARA POÑER EN MARCHA UN MUSEO DE FOTOS COA RECOLLEITA ETNOGRÁFICA E ANTROPOLÓXICA QUE FAGAMOS:

MASCOTILANDIA, 1 DE MAIO DE 2019.

MOI BOS DÍAS A TODAS E A TODOS!

ESTÁ CHEGANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. SABEDES CANDO É?
ESTE ANO HOMENAXÉASE A ANTÓN FRAGUAS,  RECOLLEU MOITOS ASPECTOS DA NOSA CULTURA, FOI UN ETNÓGRAFO E ANTROPÓLOGO XENIAL.
NÓS TAMÉN PODEMOS IMITALO.  IMOS OBSERVAR ÚTILES, OBXECTOS  E FERRAMENTAS, TRAXES , XOGOS, GASTRONOMÍA, FESTAS, CONSTRUCIÓNS TÍPICAS DE GALICIA,...  FACER UNHA FOTO E CUBRIR UNHA FICHA PARA COMENTALA NA CLASE CO RESTO DAS NENAS E DOS NENOS.
DESPOIS PODEREMOS FACER O NOSO MUSEO ETNOGRÁFICO/ ANTROPOLÓXICO  COAS FOTOS. ANIMÁDESVOS?

BICOS,



VILAVERDIÑO
NESTES DÍAS RECOLLEMOS FOTOS E FICHAS EXPLICATIVAS E CONTAMOS NAS AULAS O QUE ATOPAMOS.
É A NOSA HOMENAXE A ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario