O 29 DE OUTUBRO CELEBRAMOS NO COLEXIO O SAMAÍN.
O ALUMNADO CHEGOU POLA MAÑÁ CON PEITEADOS ORIXINAIS E ADECUADOS Á DATA: ARAÑAS, MORCEGOS, CAVEIRAS, CABAZAS, ETC... APARECÍAN POR ENTRE OS CABELOS MOITAS VECES COLOREADOS COAS MÁIS VARIADAS CORES.
DESPOIS DE PASAR POLA CLASE E RECOLLER AS VARIÑAS MÁXICAS QUE LEVAN DECORANDO VARIOS DÍAS, SAÍRON AO PATIO PARA AXITALAS AO SON DAS PALABRAS MÁXICAS MÁIS FEITICEIRAS DO MUNDO.
UNHAS MERENDAS TERRORÍFICAS PUXERON O BROCHE A UNHA CELEBRACIÓN MOI AGARDADA!
BO SAMAÍN A TODAS E A TODOS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario