O CONTO NACEU NA CLASE DE 3 ANOS B E FOI MEDRANDO E CONTINUÁNDOSE EN 4 ANOS B, 5 ANOS B, 1ºB, 2ºB, 3ºB, 4ºB, 5ºB, 5ºC E 6ºB. ESTE É O RESULTADO:
HABÍA UNHA VEZ UN PORQUIÑO QUE ESTABA MOI CONTENTO PORQUE ÍA IR Á ESCOLA...
UN DÍA O SEU AMIGO O ESQUÍO TROUXO AO COLE UNHA CAIXA E... CANDO A ABRIRON TODOS QUEDARON ABRAIADOS PORQUE HABÍA MOITAS CABAZAS, GRANDES E PEQUENAS, REDONDAS E ALONGADAS.
- BEEEEN! BEEEEN! - DIXERON O PORQUIÑO E O ESQUÍO-. XA TEMOS CABAZAS PARA O SAMAÍN.
UN DÍA NO RECREO CELEBRARON A FESTA DO SAMAÍN E ALÍ FOI TAMÉN O XABARÍN.
AO PRINCIPIO ASUSTOUSE PORQUE TODOS ESTABAN DISFRAZADOS, PERO DESPOIS QUITARON AS CARAUTAS E TODOS RIRON E PASÁRONO MOI BEN.
NA FESTA O ESQUÍO PREGUNTOULLE AO XABARÍN:
- POR QUE NON DAMOS UN PASEO E COLLEMOS CASTAÑAS?
- VALE, PODEMOS COLLER UNHAS POUCAS E FACER UN MAGOSTO- DIXO O XABARÍN-
E PREGUNTOU AO PORQUIÑO:
- VÉS CONNOSCO?
- SIIII- DIXO O PORQUIÑO SAÍRON OS TRES E CHEGARON ONDA AS ÁRBORES QUE HABÍA NO BOSQUE.
CHAMOULLES A ATENCIÓN UNHA AGUIA REAL QUE VOABA ENTRE O MILLO...
O ESQUÍO, O XABARÍN E O PORQUIÑO SAUDARON Á AGUIA E PREGUNTÁRONLLE SE QUERÍA IR CON ELES RECOLLER CASTAÑAS.
NO CLARO DO BOSQUE ONDE SE ATORARON HABÍA MOITOS CAMIÑOS, NON SABÍAN CAL COLLER, DESPOIS DE DEBATER E PENSAR DECIDIRON QUE O XABARÍN SINALASE O CAMIÑO.
O XABARÍN DECIDIU QUE IRÍAN POLA DEREITA, DESPOIS DE CAMIÑAR UN BO CACHO, SEGUÍAN SEN ATOPAR OS CASTIÑEIROS... ESCOLLERAN O CAMIÑO ERRADO!
PERDÉRANSE NO BOSQUE! PREOCUPADOS PEDÍRONLLE Á AGUIA QUE VOASE ALTO PARA ATOPAR O CAMIÑO ATA OS CASTIÑEIROS E DESPOIS OS GUIASE ATA ALÍ.
A AGUIA VOOU ALTO, ATOPOU O CAMIÑO E BAIXOU PARA GUIALOS.
TODOS INICIARON A MARCHA SEGUINDO O VO DA AGUIA.
DE SÚPETO COMEZOU A CAER UNHA GRAN TREBOADA E O RÍO QUE ESTABA DIANTE DELES COMEZOU A ENCHERSE MÁIS E MÁIS...
O RÍO SOBORDOU E OS ANIMAIS PEDÍRONLLE AXUD Á AGUIA PARA ATOPAR OUTRA SAÍDA.
VOOU ALTO E DIVISOU UNHA COVA ESCURA, HÚMIDA E TENEBROSA NO ALTO DUNHA MONTAÑA. LEVOU AOS ANIMAIS, UN A UN, AO REFUXIO, SUXEITÁNDOOS COAS SÚAS FORTES GARRAS.
XA NA COVA, OS ANIMAIS ATOPARON UNHA CESTA CON MAZÁS, FIGOS, NOCES,...
CANDO ÍAN COMELAS ESCOITARON UN RUXIDO MOI FORTE E... APARECEU UN OSO!
O OSO PERSEGUIUNOS MENTRES TODOS BERRABAN ASUSTADOS. DESPOIS DUN INTRE CORRENDO A TODA VELOCIDADE, TODOS CAERON POR UNHA FENDA, MENOS O OSO QUE QUEDOU ATASCADO.
PREGUNTÁRONLLE:
- PODERÍAS DICIRNOS ONDE HAI UN SOUTO PRETO DE AQUÍ?
- EU NON, PERO COÑEZO ALGUÉN QUE SI- CONTESTOU A RA.
A RA DÍXOLLES:
- A LEBRE!SÁBESE O MONTE E O BOSQUE COMO A PALMA DA SÚA PATA. TOMADE ESTE MAPA PARA CHEGAR ONDA ELA.
PUXÉRONSE EN CAMIÑO E SEGUINDO AS INDICACIÓNS DO MAPA, POUCO MÁIS TARDE ESTABAN NA TOBEIRA DA LEBRE.
E OS TRES AMIGOS PREGUNTÁRONLLE:
- SABES ONDE ESTÁ O SOUTO MÁIS PRÓXIMO? É QUE QUEREMOS FACER UNHA TOPRTA DE NOCES E CASTAÑAS E UN MAGOSTO.
- SI, SI QUE SEI, PERO HAI UN PROBLEMA...O SOUTO ESTÁ OCUPADO POR UNHAS MÁQUINAS DE CONSTRUCIÓN.
A XENTE OPINABA QUE OS CASTIÑEIROS E DEMAIS ÁRBORES DE ALÍ XA NON ERAN DE UTILIDADE.
OS ANIMAIS ESTABAN INDIGNADOS, O MONTE, O BOSQUE E O SOUTO SON MOI IMPORTANTES E ADEMAIS NESE SOUTO VIVÍAN, POLO QUE SABÍAN, MOITÍSIMAS ESPECIES.
DECIDIRON SEGUIR ADIANTE E PUXÉRONSE EN MARCHA GUIADOS POLA LEBRE.
AO CHEGAREN NON HABÍA XEITO DE PASAR PORQUE AS MÁQUI8NAS FACÍAN COMO UN MURO XIGANTE ARREDOR DO SOUTO.
POR SORTE, LOGRARON PASAR SEN SER VISTOS POR ENTRE AS RODAS. TIÑAN UNHA IDEA XENIAL!
A AGUIA SUBIU A CADA UN DELES ÁS PÓLAS DAS ÁRBORES. CANDO AS ÍAN TALAR, OS HOMES LEVARON UNHA GRAN SORPRESA...
HABÍA XARARÍS, PORCOS, ESQUÍOS, AGUIAS E LEBRES ENRIBA DAS PÓLAS.
DE SÚPETO DECATÁRONSE DE QUE ESTABAN ALÍ PORQUE SEGURAMENTE NON QUERÍAN QUE ESTRAGASEN O BOSQUE. DESPOIS DUNHAS HORAS, DESISTIRON DE FACER OBRAS E OS ANIMAIS PUXÉRONSE MOI LEDOS.
COMO XA SABÍAN O CAMIÑO DE VOLTA, COLLERON AS CASTAÑAS E TAMÉN NOCES E MARCHARON PARA A ESCOLA.
AO CHEGAREN CONTÁRONLLE O ACONTECIDO A TODOS OS SEUS AMIGOS.
SALVARAN O SOUTO!
FIXERON UN ENORME MAGOSTO PARA CELEBRALO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario