EN CURSOS ANTERIORES TRABALLARAMOS O DEREITO A TER UN NOME, O DEREITO A TER UNHA FAMILIA, O DEREITO A IR Á ESCOLA,...
NESTE CURSO CENTRÁMONOS MÁIS NO DEREITO Á SAÚDE. TRABALLAMOS MOITOS ASPECTOS RELACIONADOS E OMO XA VISTES TIVEMOS OBRADOIROS E CHARLAS.
E ADEMAIS IMOS PARTICIPAR COA FUNDACIÓN MENIÑOS NUN CONCURSO DE RELATOS E DEBUXOS RELACIONADOS CO DEREITO Á SAÚDE, XA VOS POÑEREMOS ALGÚN...
A SEGUNDA DESAS CELEBRACIÓNS NO COLE É A DO DÍA DA PALABRA, 23 DE NOVEMBRO.
OS LIBROS ESTÁN CHEOS DE PALABRAS: PALABRAS EN DIVERSOS IDIOMAS, PALABRAS GALEGAS, PALABRAS LONGAS, PALABRAS CURTAS, PALABRAS RELACIONADAS COA SAÚDE, PALABRAS FERMOSAS, PALABRAS DE CONTO, PALABRAS DOCES,...
NO CENTRO IMOS FACER POTAS CHEAS DE SOPAS DE PALABRAS, XA VEREDES CANTAS SE NOS OCORREN!
VAI HABER POTAS PARA TODOS OS GUSTOS E NA SÚA ELABORACIÓN OS EQUIPOS COOPERATIVOS TERÁN MOITO QUE DICIR.
ADEMAIS APARECERÁN NAS CLASES UNHAS PRESENTACIÓNS PARA ANIMAR Á LECTURA DE LIBROS INTIMAMENTE LIGADOS Á PALABRA, TANTO QUE NALGÚN ATA SE SEMENTAN PALABRAS E...
E ... FALANDO DE PALABRAS... TAMÉN HAI PALABRAS QUE NON NOS GUSTAN PORQUE O QUE SIGNIFICAN NON É AGRADABLE... POR EXEMPLO... MALTRATO. ASÍ QUE LOITAREMOS CONTRA O MALTRATO SEMPRE E LEMBRAREMOS ISTO O 25 DE NOVEMBRO, DÍA CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO. HAI MOITAS PALABRAS QUE SE RELACIONAN CO MALTRATO E MESMO SE PODE MALTRATAR COA PALABRA. REFLEXIONAREMOS SOBRE ISTO CON LECTURAS E UN CONTO "NIN UN BIQUIÑO Á FORZA".
(A NOSA ADAPTACIÓN DO CONTO, PARA MAIORES E PARA PEQUES DE INFANTIL)
No hay comentarios:
Publicar un comentario